Sunday 12 de May de 2024

Programa de subvencións ás familias para a festividade de Nadal 2023-2024


Convidamos ás familias do Concello de Fene a que participen un novo ano no

PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS ÁS FAMILIAS PARA A FESTIVIDADE DE NADAL 2023-2024

O Concello de Fene pretende que todos os nenos e nenas, que así o precisen, non pasen estas festas de Nadal sin recibir un agasallo

¿Qué nenos e nenas teñen dereito a estos agasallos?
Os nenos e nenas nados no ano 2006 e posteriores, ou 2005 e posteriores cando teñan o recoñecemento oficial de discapacidade.

¿Qué cantidade poden recibir por neno ou nena?
Axudas de pago único de 100€ por menor.

Qué requisitos deben cumprir? :
Aquelas familias que cumpran os seguintes requisitos:

1.- Empadroamento no Concello de Fene e ter residencia efectiva no mesmo cunha antigüidade mínima de tres meses anteriores á data da solicitude.
2.- Que a renda per cápita familiar non supere os ingresos netos anuais de 9.450,00 €, calculados en base a aplicación dos seguintes descontos: seguridade social e IRPF, pensións de alimentos, pensións compensatorias e as cotas de aluguer ou amortización da vivenda.
3.- Que os aforros a 31/12/2022 non superen os 3.000 €.
4.-Que non haxa máis de dous coches na unidade familiar e, no caso de que a maiores dos coches se posúa unha moto, esta deberá ter unha cilindrada non superior a 800 centímetros cúbicos.

¿Cal é o prazo para poder solicitar?
Dende o 3 ata o 23 de novembro 2023, ambos os dous días incluídos.

¿Onde solicitar información e presentar a solicitude?

Centro municipal de Servizos Sociais. Avda. do Mar, Bl. 1. San Valentin.
Teléf.: 981342607 / 981492706